Rutas da pedra e da auga.

 

Ruta da pedra e da auga da Armenteira.

Esta primeira ruta da que imos facer recensión, parte xunto á rotonda de “Os Castaños” (Ribadumia) na VG-4.2 e termina no mosteiro da Armenteira. Xunto á rotonda en dirección a Barrantes, hai un pequeno aparcadoiro no que deixar o coche.

A ruta pode dividirse en 3 tramos; o primeiro iría desde a rotonda de “Os Castaños” ata a Autovía do Salnés. O segundo, desde este punto ata a aldea Labrega, e o terceiro, desde aquí ata o mosteiro da Armenteira. Como xa quedou devandito, facemos unha recensión desta ruta, pero desde esta ligazón de Wikiloc, poderán acceder a toda a información necesaria sobre a ruta.

Ruta da pedra e da auga do río da Chanca.

Dirixímonos ao Concello de Meaño, en concreto á parroquia de Lores. Ao comezo do carreiro, hai un minúsculo aparcadoiro e un panel informativo sobre a ruta que imos percorrer. Ten unha lonxitude aproximada de 6 Km e nela restauráronse moitos dos muíños (algúns con máis de 300 anos) e colocáronse pasarelas, pontes e iluminación, así como bancos e mesas xa que algún dos muíños é usado como restaurante. É unha ruta de dificultade baixa e ten pouco desnivel, polo cal se pode facer tranquilamente en familia.
Podemos dividir a ruta en dous tramos, desde o seu inicio ata a estrada que hai que cruzar e o segundo, desde ese punto ata as proximidades da  parroquia de Simes, que é onde termina. Esta ruta permitiranos gozar de paisaxes e vistas estupendas. Na seguinte ligazón de Wikiloc, temos máis información.

Volver a ¿qué facer?

El tiempo en Cambados