Cambados
Un pouco de historia
Cambados é un municipio da provincia de Pontevedra situado na comarca do Salnés, a beiras da Ría de Arousa.
Sobre a orixe do seu nome existen varias teorías. Unha delas di que este nome deriva dos descendentes da familia Camba; outra, que se debe aos celtas, de Cambrae (Cambra, berce). Unha terceira di que deriva dos vocábulos cam (lago) e bados (casa). Calquera que sexa verdade, o certo é que hai vestixios de poboados nos seus montes e bosques, nas proximidades dos ríos e o mar, nos séculos VI e V a. de C.
Cambados nace da unión de tres antigas vilas: Fefiñáns, Cambados e San Tomé. Conta cun marabilloso Conxunto Histórico Artístico e é tamén coñecido por ser a capital do Viño Albariño, pola súa excelente gastronomía e pola beleza das súas prazas, rúas e edificios.
Ademais, Cambados foi elixida como Cidade Europea do Viño 2017, galardón que outorga cada ano Recevin, e acollerá numerosos eventos culturais, deportivos e festivos nos próximos meses.
¿Qué facer en Cambados?
Museos que poden visitarse:
- Museo etnográfico e do viño
- Casa museo Ramón Cabanillas.
- Museo muíño de mareas da Seca.
Para máis información click sobre a imaxe ou aquí.
Rutas enológicas
O val do Salnés conta cun importante número de adegas, sendo Cambados a capital do Viño Albariño. Desde esta web, poderás acceder á localización desas adegas, así como trazar unha ruta para visitar as adegas que elixas.
Calendario de festas en Cambados
Cambados ten un amplo calendario de festas de todo tipo: relixiosas, gastronómicas, etc. Sendo a máis importante a festa do Viño Albariño, que se celebra o primeiro fin de semana de Agosto. En esta ligazón, poderás ver o calendario de festas.
Ligazóns de interese:
Galería de imaxes
Estes paseos ou visitas que propoñemos son só algúns dos exemplos do que ofrece Cambados. Tamén ofrece un bo número de locais para o lecer nocturno (bares, discotecas, pubs, restaurantes…). A continuación mostramos unha galería de imaxes de Cambados.