Paseo Marítimo.

É un paseo moi agradable e do que se poden facer múltiples variables. Desde A Traiña encamiñámonos cara ao porto de Tragove, onde poderemos pasear polo espigón, visitar o peirao pesqueiro ou ben dirixirnos cara ao muíño de mareas da Seca.  Unha vez realizada esta visita, volvemos sobre os nosos pasos para encamiñarnos cara ao paseo da calzada, continuamos cara ao porto deportivo e dirixímonos finalmente cara a San Tomé, onde poderemos coñecer o Museo da Casa do Pescador, o Pazo de Montesacro, (actualmente é un asilo de anciáns) a capela da Valvanera, (encostada ao Pazo) e finalmente é recomendable chegar ata a torre de San Sadurniño. A volta pode facerse volvendo sobre os nosos pasos ou polo centro de Cambados.

Volver a ¿qué facer?

El tiempo en Cambados