Benvidos a A Traiña Apartamentos.

 Apartamentos A Traiña

Apartamentos A Traíña é un apartahotel que está situado fronte ao mar no centro de Cambados, nun bonito edificio de tres plantas coa fachada de granito. É o aloxamento ideal para quen busque coñecer Cambados, a Ría de Arousa e o resto das Rías Baixas. Estamos situados a 200 metros da Praza de Fefiñáns e moi preto de comercios, restaurantes, locáis de ocio e parques infantís.
O noso establecemento ten un ambiente familiar; conta con oito apartamentos confortables e funcionais, preparados para acoller entre 2 e 4 hóspedes. Algúns deles dispoñen de balcón ou terraza desde onde se poden contemplar unhas preciosas vistas da Ría de Arousa.
Nos nosos apartamentos a túa mascota é benvida.

Por outra parte, Cambados conta cun importante conxunto histórico artístico, dentro do cal podemos destacar: Pazo de Fefiñáns, Pazo de Torrado, Pazo de Bazán, Casa Museo de Ramón Cabanillas, Igrexa de San Bieito, Praza de Fefiñáns, Pazo de Ulloa, Ruínas de Santa Mariña Dozo, Pazo de Montesacro, Torre de San Sadurniño, etc. Todos estes monumentos atópanse a escasa distancia de Apartamentos A Traíña.

El tiempo en Cambados

Apartamentos

  • Equipamento dos apartamentos.
  • Chek-in | Chek-out.
  • Prezos.

Apartamentos

Reservas

Acceda á páxina de reservas onde atopará un breve formulario para encher e facer a súa reserva.

Reservas

Situacion

  • Mapa de localización da Traíña.
  • Como chegar.
  • Coordenadas GPS…

Situación